Ir á lista de produtos

Iluminación de exteriores decorativa

Grilandas de luz para alumar as túas noites

Chegou o momento de gozar do teu espazo ao aire libre. Xa sexa para a túa terraza, o teu xardín ou o teu balcón, en IKEA temos grilandas e iluminación exterior que che permitirán aproveitar cada minuto. Se empregares unhas grilandas de luz conseguirás crear unha sensación de confort e maxia moi adecuada para o teu fogar. Ademais, conseguirás renovar a decoración da estancia adaptada a ti.

Iluminación exterior: grilandas para o xardín e lámpadas solares.

Onde enchufar as grilandas e luces de xardín ou exterior IKEA? Non te preocupes por onde atoparás un enchufe de enerxía no xardín ou na varanda da terraza. Temos moitas grilandas a pilas e lámpadas solares para que decores o teu verán sen límites. Mira na nosa web a extensión das nosas grilandas (se non son o suficientemente longas, leva dúas!) e as nosas lámpadas solares. Decora os teus exteriores como os teus interiores!