Hamacas e tumbonas

Hamacas e cadeiras de praia IKEA

Se queres un verán diferente en IKEA, contamos con varios tipos de hamacas que tamén combinarán á perfección co estilo do teu xardín ou terraza. Os nosos materiais son superresistentes para que as túas hamacas e cadeiras de xardín che duren non só este verán, senón moitos outros, porque queremos pasar contigo moito tempo. Se ademais queres, podes elixir unha das nosas hamacas para poñerte cómodo lendo un libro ou durmir a sesta. Decora o teu xardín e pasa un verán de vacacións na casa facendo grelladas!

 

Os luns ao sol, ou á sombra... na túa hamaca ou cadeira de xardín IKEA

Benvid@ á república do relax. Primavera e verán de luxo no teu xardín decorado con todo o agarimo. Elixe en que tipo de moble te queres relaxar: unha cadeira con rodas para movela doadamente ou unha hamaca que te transporte a un ambiente caribeño? Ou prefires un puf onde desconectar das angustias diarias? Temos todo tipo hamacas e cadeiras de xardín para que te poidas relaxar este verán na casa.