Coa serie modular para baños ENHET, podes crear un baño flexible que sexa doado de montar e personalizar segundo as fases da túa vida, ou simplemente cando queiras mostrar un pouco máis a túa personalidade. Cambia portas, mestura cores e combina almacenaxe pechada e aberta para crear un baño único para ti. A serie ENHET é resistente e inclúe unha garantía de 10 anos. Así que non te preocupes se tes que desmontala a próxima vez que te traslades. Está deseñada para a vida diaria.
Conxuntos de mobles para o baño ENHET: listos para que os uses
Nos conxuntos de mobles para o baño ENHET, xa nos encargamos nós de facer as combinacións pertinentes, polo que ti só tes que decidir que estilo e cores escoller, o que resulta moito máis divertido. É doado comprar os mobles, montalos e gozar deles durante moitos anos.
Accesorios para ENHET: almacenaxe adicional ao instante
Só tes que colocar os accesorios nas estruturas ENHET para ter máis espazo de almacenaxe no baño, sen necesidade de furar nada. Así, os artigos de baño e as xoias estarán á man, e o lavabo e os caixóns quedarán ordenados.
Por fin, unha serie de baño que mesmo os adultos poden montar
A verdade é que instalar un baño non é a tarefa máis sinxela que hai. Coa serie de baño ENHET, queriamos que todas as pezas fosen fáciles de montar usando só as mans. Os armarios, caixóns e soportes de metal ENHET usan un pasador de cuña que permite montalos só cun "clic". Foi necesaria a innovación de diversos equipos de IKEA, pero conseguímolo.
Comeza a planificar o teu baño ENHET dende a casa
Tes grandes plans para o teu baño? Usa o planificador de baño para atopar a solución que mellor se axuste ao que ti teñas e ao teu orzamento.