Saltar
Ir á lista de produtos

Caixas e cestos

Oculta as túas cousas a plena vista con caixas de almacenaxe. Tanto se es dos de «deixar todo tirado por calquera sitio» ou dos de «todo no seu sitio», unha caixa de almacenaxe axudarache a dar unha aparencia ordenada ao tempo que complementa o teu estilo. Temos unha ampla gama de cores e deseños con ou sen tapa e mesmo con etiquetas para os fanáticos da organización.

Tan fermosas que vas querer ter máis cousas que ordenar

Nun concurso de beleza de organizadores de almacenaxe, as novas cestas VÄXTHUS serían imbatibles. Cun precioso tecido feito á man, o seu encanto e deseño rústico chegarán ao teu corazón. E tamén aos lugares estratéxicos do teu fogar.

Velaquí todas as cestas
Varias cestas VÄXTHUS artesanais baleiras, amoreadas unhas enriba doutras, iluminadas pola luz do sol ao lado dunha parede turquesa.
A asa de corda e a parte adxacente da cesta VÄXTHUS artesanal, iluminada pola luz do sol, ao lado dunha superficie turquesa.
Velaquí todas as cestas

Organizadas e coordinadas: caixas semellantes, tamaños distintos

Unha serie de caixas do mesmo estilo pero con tamaños diferentes para que consigas un resultado que combine.

A serie SKUBB: se os teus caixóns ou armarios son un caos, a nosa serie de almacenaxe para armarios devólveche o control
A serie KUGGIS: maximiza a organización con caixas amoreadas entre si
A serie SAMLA: caixas de almacenaxe con tapa ideais para gardar unha morea de cousas sen ocupar moito espazo