Cadeiras de brazos

Cadeiras de brazos cómodas e resistentes 

A cadeira de brazos é o favorito do salón, despacho ou dormitorio. Pode ser o único diferente, o que destaque. Non ten por que combinar co resto, ou si. Con respaldo alto ou baixo, repousabrazos, de tea ou de pel. Mesmo pode ser randeeira, para quedar suavemente durmido no seu vaivén, lugar ideal para a lactación co teu bebé ou o lugar improvisado para durmir, coa cadeira de brazos cama JÄRVSTA, xa que ocupa pouco espazo. Poucos mobles teñen tanta versatilidade como as cadeiras de brazos de IKEA. Ata pode servirche como lugar para calzarte no recibidor de casa. 

 

Cadeiras de brazos e decoración

As cadeiras de brazos e chaiselongue adoitan asociarse co salón, aínda que se poden situar en moitas outras estancias. Son un deses mobles que quedan ben en calquera recanto. As nosas chaiselongue son modernas, cun estilo clásico renovado que che encantarán. Podes situalas a xeito de peche dos asentos do sofá, separando zonas. Pero tamén podes darlle protagonismo nun recuncho, xunto á cheminea ou librería, combinando cunha lámpada e alfombra á xogo. Ou podes comprar un sofá con chaiselongue incorporado, como a ESKILSTUNA.