Saltar
Ir á lista de produtos

Armarios

Es coleccionista de zapatillas, amante dos vaqueiros e as camisetas ou acaparador de sombreiros? Sexa o que for que colecciones, os nosos armarios teñen espazo para todo. Poderás encontrar o modelo ideal para a túa roupa, o teu estilo e o teu espazo na nosa selección de armarios abertos, pechados ou independentes de estilo tradicional ou moderno.

Unha vida máis tranquila e sinxela co armario PAX axeitado

Un armario cun interior deseñado por ti pon fin á desorde e fai que sexa moito máis doado atopar a túa roupa. Fáltache espazo? Podes optar por unhas portas corredizas, dado que non sobresaen ao abrilas. Existe un mundo enteiro de posibilidades que te axudarán a conseguir o armario que queres coa nosa variedade PAX.

Velaquí o sistema PAX
Un armario PAX/GRIMO branco nun corredor xunto a unha cómoda de 3 caixóns HAUGA branca cunha planta enriba.
    Roupa colgada en perchas en barras dentro dun armario PAX/GRIMO branco cunha porta corrediza aberta nun corredor.
      Velaquí o sistema PAX

      Soñas con ter un roupeiro ou unha oficina na casa?

      O novo sistema de portas corredizas SKYTTA é ideal para dividir unha estancia. Podes ocultar unha parte detrás das portas pechadas cando non a vas utilizar, e deixar a outra tranquila e ordenada para relaxarte. Hai diferentes opcións para escoller os marcos ou os paneis das portas, de modo que poderás atopar a que mellor se axuste ao teu estilo.

      Velaquí o sistema de portas corredizas SKYTTA.
      Un roupeiro/espazo de traballo con portas corredizas SKYTTA/HOKKSUND parcialmente abertas cunha combinación de armario BOAXEL no interior.
        Un diván FYRESDAL con dous colchóns diante dun roupeiro/espazo de traballo con portas corredizas SKYTTA/HOKKSUND.
          Velaquí o sistema de portas corredizas SKYTTA.

          Un novo armario co mellor de ambos os mundos de almacenaxe

          Precisas de almacenaxe onde pendurar e dobrar a roupa, pero tes pouco espazo? Acouga! Neste versátil armario podes colocala toda. Cunha barra para pendurar e caixóns detrás dun acabado liso de efecto carballo, encaixa perfectamente en case calquera lugar sen ocupar todo o espazo.

          Velaquí todos os armarios roupeiros
          Un armario VILHATTEN de efecto carballo cunha porta aberta que mostra roupa de cores en perchas e dous andeis con chapeus e caixas.
            Dous armarios VILHATTEN de efecto carballo un a carón do outro nun dormitorio tipo estudio cunha cama BLÅKULLEN azul e unha cabeceira de esquina diante.
              Velaquí todos os armarios roupeiros

              Consigue un estilo uniforme con armarios e outras solucións

              Podes elixir mobles de almacenaxe dun sistema ou serie para que todo combine.

              Sistema PLATSA: almacenaxe flexible e modular que aproveita ao máximo calquera espazo
              Sistema ELVARLI: armario aberto, modular e lixeiro, adaptable e elegante
              Sistema BOAXEL: almacenaxe aberta fácil de adaptar ás túas necesidades

              Fixa os mobles á parede

              Asegúrate de fixar correctamente os mobles grandes e altos cos dispositivos de fixación á parede que se inclúen. Deste xeito evitarás que se descolguen. Obtén máis información sobre os posibles factores de risco no fogar e como podes evitar accidentes.

              Máis información sobre a seguridade dos mobles

              Os armarios sérvenche para organizar a roupa, os zapatos e calquera outra cousa que queiras gardar de forma práctica e elegante. Moitos dos nosos armarios inclúen accesorios de interior como barras para a roupa e andeis para que poidas organizar as túas cousas. Podes personalizar o deseño do teu armario segundo os teus gustos persoais a través dos accesorios de interior. O sistema PAX de armarios encaixados permíteche personalizar o aspecto, o tamaño e o interior do teu armario.

              Armarios de dormitorios: encaixados ou independentes?

              Un armario pode encaixarse no dormitorio para que semelle unha parte integral da habitación. Tamén pode ser un moble independente.

              Nun dormitorio máis pequeno, pode resultar difícil integrar armarios. Nese caso, un armario encaixado pode ser a mellor solución, xa que podes seleccionar as dimensións que mellor se adapten ao teu espazo; outra opción é un armario máis pequeno de 1 ou 2 portas, que caiba facilmente nun espazo limitado.

              Un armario independente pode ser a peza central do teu dormitorio. Temos armarios con espellos integrados nas portas, ou con portas de espello, que poden achegar espazo e elegancia a moitas estancias.

              Aproveita o espazo

              Portas corredizas

              Os armarios con portas corredizas non precisan espazo libre diante do armario, posto que se deslizan dun lado ao outro da estrutura do armario. Nas vivendas máis pequenas isto pode aforrar moito espazo.

              Armarios de esquina

              Ás veces o mellor sitio para colocar un armario é unha esquina. Neses casos, un armario de esquina é a mellor opción, xa que, ademais de resultar práctico, engade un efecto visual no recuncho. Temos unha ampla selección de armarios de esquina para que atopes o que mellor se adapte ao teu espazo e aos teus gustos.