Volta á escola

Xa vai sendo hora de prepararse para volver á escola, ao instituto ou á universidade. Haberá que poñerse a facer deberes e estudar de novo, pero os espazos acolledores e tranquilos axudarán a manter a concentración e a que estudar sexa moito máis sinxelo.

Todo o mundo merece prezos máis baixos

Sempre podes engadir as nosas lámpadas de escritorio

Sempre podes engadir as nosas lámpadas de escritorio

Accesorios para o escritorio do fogar dende 4 €


Mesas para nenos

As mesas ou os escritorios para nenos non ocupan moito espazo na casa e ofrecen a comodidade que necesitan para facer os deberes e estudar.

Escritorios para nenos

Viches o rápido que medran os nenos e as nenas? O escritorio axustable PÅHL é a solución idónea para esa circunstancia: ofrece unha gran comodidade para estudar e os teus fillos poderán seguir a usalo por moito que crezan.

Cadeiras de escritorio para nenos

Por desgraza, aínda non temos cadeiras con superpoderes que permitan facer os deberes máis rápido, pero se escolles unha da súa cor preferida, axudarás a que os teus fillos se sintan moi especiais. Déixalles elixir a cadeira e combínaa cun escritorio branco!

Materiais escolares e para traballos manuais

Xa sexan lapis de cores, bolígrafos, marcadores, acuarelas, tesoiras ou encerados para nenos, entre outras cousas, temos en conta a saúde dos máis pequenos. Por iso, os produtos da serie MÅLA non son tóxicos e contan co marcado CE, o que implica que teñen a aprobación da Unión Europea. 

Material de oficina

En IKEA temos material de oficina, como cadernos, estoxos para os lapis, planificadores semanais, carpetas, clips e cintas adhesivas, a moi bos prezos. Bota unha ollada!

Organizadores de escritorio

Ao organizar os apuntamentos e os materiais, estudar faise moito máis doado. Os espazos ordenados e harmoniosos son ideais para manter a concentración, e neles é moito máis fácil atopar o que precisas.

Lámpadas de traballo

Unha boa iluminación é esencial para estudar e ler con comodidade. Bota unha ollada ás nosas lámpadas de traballo LED e escolle a que máis che guste.

Mochilas

Como xa vimos, non sempre estudamos na casa. Neses casos, colle os apuntamentos, o material escolar e o teu ordenador, gárdaos na mochila e xa podes marchar a onde queiras.

Librarías

Todo espazo é pouco á hora de gardar libros, apuntamentos ou fotos. As nosas librarías cumpren moitas funcións e, grazas a elas, poderás telo todo en orde.

Escritorios

Un escritorio? Unha mesa para o ordenador? Unha táboa pregable? Os nosos escritorios multifuncionais satisfarán tódalas necesidades que se che ocorran.

Cadeiras de escritorio

Precisas unha cadeira para a casa ou para a oficina? Dispoñemos de cadeiras pensadas para un uso máis intenso e profesional, e doutras que son cómodas para facer tarefas no fogar.

Accesorios para o móbil

Gardamos todas as nosas cousas nos smartphones, as tabletas e os portátiles. Por iso, é importante que os teñas listos para usalos en calquera momento.


Tes todo listo para volver á escola?

Coa fin do verán, é o momento de regresar ás clases. Por iso, debes ir metendo o que precisas na mochila: materiais escolares e de oficina, libros e todo o demais. E non esquezas preparar un espazo cómodo no que estudar e facer os deberes.

Coloca unha mesa ou un escritorio que pasen desapercibidos no salón para poder botar un ollo aos teus fillos mentres están cos deberes.

Se queren máis privacidade ou necesitan concentrarse máis, podes poñer o escritorio no seu dormitorio.

 

Unha volta á escola diferente

Regresar á escola pode supoñer un verdadeiro desafío. Para comezar con bo pé, suxerímosche que teñas en conta as opinións dos teus fillos sobre que materiais escolares, escritorios e cadeiras lles interesan.

Unha cadeira da súa cor favorita, unha lámpada de escritorio orixinal, un taboleiro no que practicar as matemáticas, debuxar e divertirse, e moito máis. Ao fin e ao cabo, son detalles que lles axudarán a sentir que o seu espazo de estudo é realmente de seu.

Xa tes todo listo para volver á escola!