A casa é o espazo onde podes facer a túa vida laboral, persoal e familiar.

Porque podes gozala ao máximo en todo momento, ademais de transformala na túa oficina, no teu restaurante favorito e no espazo ideal para relaxarte.


Unha casa tan intelixente como o teu traballo

Traballar desde casa pode ser sen dúbida moi cómodo e, coas solucións adecuadas, cada recuncho pode transformarse nun lugar práctico e funcional, mesmo o sofá. Quen non desexou nalgún momento ir a unha reunión en pixama?

Unha mesa de comedor con dobre función
Solucións multifuncionais para o teu traballo flexible.
Descubrir máis

Cando o deber é tamén un pracer
Descubre como integrar o despacho no resto da decoración sen renunciar á ergonomía.
Descubrir máis

Estudar con estilo
Para estar sempre preparado para a volta ao cole.
Descubrir máis


Organiza todo, mesmo as túas ideas

Ó pasar máis tempo en casa, por que non pensar en como mellorar a organización? Reorganiza cada espazo para facelo máis funcional, creativo e práctico. Isto axudarache a atopalo todo rapidamente, ata a inspiración.

▲ O pracer dun armario organizado.
Descubre a solución perfecta para poder deixar de buscar a túa roupa e poder elixila directamente.​
Descubrir máis

▲ Feito á medida para cada espazo e cada tipo de necesidade
A solución perfecta para a limpeza de primavera.
Descubrir máis

▲ Pequenos trucos para a despensa​
Os nosos consellos para optimizar o espazo e organizar os alimentos.​
Descubrir máis


O pracer da compañía

Pasar máis tempo en casa pode facerte redescubrir o pracer de pasar tempo xuntos, especialmente na mesa, onde podedes relaxarvos, probar novas receitas e perdervos entre sabores, pratos e pensamentos. Porque en familia, podes compartilo todo. 

Un espazo de benestar en casa​
Pouco espazo, orzamento limitado e moitos beneficios. 
Descubrir máis

5 xogos para xogar no salón
Nalgunhas ocasións, o salón pode converterse nunha boa alternativa ao parque. Aquí tes 5 actividades nas que poden participar tanto grandes como cativos. 
Descubrir máis

Maratón de series de televisión e cine en casa
Un cómodo sofá, a televisión, unha relaxante luz suave e unha práctica mesa para sentirte como no cine. 
Descubrir máis

Un oasis verde na cidade
Cunhas cantas plantas, asentos cómodos e solucións prácticas de organización, o teu balcón convértese no lugar perfecto para pasar todo o verán. Descubrir máis