Saltar

Todos merecemos un fogar de verdade

En IKEA cremos que todo o mundo merece ter acceso a un fogar seguro, auténtico e vivo. Por iso, agora máis ca nunca, imos traballar para facer realidade o noso propósito: contribuír a encher de igualdade de oportunidades a maioría dos fogares.

    Como o imos conseguir?

    Nos momentos máis difíciles, a sociedade sempre se une para axudar a quen máis o necesita. En IKEA tamén queremos arrimar o ombreiro, por iso seguimos esforzándonos cada día para conseguilo, porque todos merecemos un fogar de verdade.

      Baixamos os prezos

      Baixámoslles o prezo a centos dos nosos produtos para que ti só te preocupes de vivir o teu fogar.

      Arrimamos o ombreiro

      Investimos os nosos esforzos en crear un mellor día a día para a maioría das persoas.

      Ti tamén podes #ArrimarElHombro

      Participa na acción solidaria que estamos levando a cabo en colaboración con Save the Children


      Formando fogar

        En IKEA cremos que todo o mundo merece ter acceso a un fogar seguro, auténtico e vivo e, por iso, puxemos en marcha Formando fogar, un programa con diferentes expertos para visibilizar, concienciar e axudar a que cada fogar sexa un refuxio de benestar emocional. A psiquiatra Marian Rojas-Estapé, a psicóloga Patricia Ramírez ou a nutricionista Boticaria García serán, entre moitos outros expertos e expertas, as encargadas de darnos as claves sobre emocións e valores que podemos mellorar desde o fogar, para crear así un mellor día a día para a maioría das persoas.