Saltar

Os clásicos de IKEA

O deseño é unha modalidade de artesanía que busca dar formas funcionais e atractivas aos obxectos de uso diario. Encántanos esta definición e asumímola en toda a súa extensión. Gústanos tamén porque non di nada de que o deseño teña que ser custoso ou exclusivo. O deseño de IKEA é un deseño para a maioría.

Cadeira de brazos STRANDMON

Sabías que a cadeira de brazos con orelleiras STRANDMON que aparecía na portada do catálogo en 1951 era a que Ingvar Kamprad, o noso fundador, tiña na casa? Este produto leva máis de 70 anos connosco e, sen dúbida, é un dos nosos favoritos.

Ver produto

Mesa LACK

A mesa LACK é un clásico que chegou en branco e noutras catro cores en 1979. O seu prezo era de 78 coroas (7,80 euros). Gustou de inmediato e considerouse o "mellor produto do ano". Todo o mundo estaba contento, excepto Ingvar, que pensaba que a mesa era demasiado custosa. En 2021 aínda podes mercar a mesa LACK, e a un prezo máis baixo có orixinal.

Ver produto

Bolsa FRAKTA

A bolsa azul é un símbolo de IKEA, como a chave Allen e as albóndegas. Tan emblemática que a reproduciu unha empresa de bolsos de deseño de alta gama. É o único produto de IKEA do que a xente non pode prescindir. Non falamos de BILLY, KLIPPAN ou PÖANG, senón da bolsa azul de IKEA. Que fixemos para que esta bolsiña azul fose todo un éxito?

Ver produto

Libraría BILLY

No catálogo de 1967 lanzouse TIGA, o precursor de BILLY. Foi todo un éxito, pero custounos satisfacer a demanda, así que lanzamos outras versións moi similares pero que non se podían combinar. No ano 1977 unificáronse e lanzouse a serie BILLY. Nunca imaxinamos que esta libraría estaría en tantos fogares do mundo.

Ver produto

Carriño RÅSKOG

Unha solución práctica e moi decorativa para practicamente calquera estancia do teu fogar. Grazas ás rodas e á súa resistencia, podes utilizar o carriño onde queiras, incluso en espazos reducidos grazas ás súas pequenas dimensións. Esta é unha das razóns polas que estes carriños se puxeron tanto de moda nos últimos tempos.

Ver produto

Diván HEMNES

A funcionalidade e a versatilidade son o máis importante cando o espazo escasea. Por iso deseñamos o diván HEMNES, para desempeñar catro funcións: cama individual, cama dobre, un sofá e unha solución de almacenaxe. Nunca deixaremos de sorprendernos pola acollida que tivo este produto desde que saíu á venda no ano 2004.

Ver produto