Iluminación intelixente

Cambia a iluminación do teu fogar con só tocar un botón. Atenúa, prende ou desactiva a luz e cambia a tonalidade de cálida a fría. IKEA ofréceche un sistema de iluminación intelixente que se adapta ás necesidades de cada cliente. Entre a nosa gama poderás atopar bombillas LED sen fíos, paneis e portas para mobles.

Controla as luces sen fíos

Toma o control coa iluminación intelixente

Incorporar iluminación intelixente no teu fogar é máis sinxelo do que cres cos nosos kits. Todo o que cómpre facer é instalar as bombillas intelixentes e listo.

Cambia a iluminación do teu fogar tocando só un botón. Podes programar ata 10 luces LED sen fíos. Co transformador ou a aplicación TRÅDFRI cambia de luz fría a cálida, atenúa ou ilumina e crea diferentes ambientes. 

Kit de sensor de movemento

Actívase por movemento. O kit intelixente TRÅDFRI xa ven listo para comezar a utilizalo. Contén o sensor de movemento e unha bombilla LED con luz branca cálida.

Facilitando o día a día

Non sería agradable chegar á casa e que a túa entrada estivese iluminada? E poder cambiar a intensidade da luz no comedor sen ter que te levantar? Comeza cun sensor TRÅDFRI ou cun kit regulador.

Ti decides o teu estado de ánimo

A iluminación intelixente de IKEA fai que sexa sinxelo establecer un ambiente adecuado para o teu fogar. A luz de lectura, a luz de película, a luz de “sentar cunha bebida”. Con so premer o botón no control remoto, podes cambiar o teu estado de ánimo transformando unha luz branca brillante a unha máis cálida.

Dispositivo de conexión TRÅDFRI

Co dispositivo de conexión e a aplicación TRÅDFRI, podes crear diferentes tipos de ambientes e controlar cada luz de xeito individual, apagalas, prendelas, regular a intensidade, elixir a cor e cambiar de luz cálida a luz fría.

Descargar a aplicación de TRÅDFRI para iOS

Descargar a aplicación de TRÅDFRI para Android

Regula a intensidade da luz.

Mando a distancia

Unha luz para cada ambiente.

Atenúa ou aclara a luz para cada estado de ánimo. A luz brillante e branca facilita que os teus ollos se concentren nos detalles, o que é ideal para actividades como cociñar ou ler.

A luz cálida e tenue crea unha atmosfera relaxante que fomenta a socialización ou a relaxación. Simplemente pasa o dedo sobre o regulador TRÅDFRI, preme o control remoto ou emprega a aplicación para cambiar a luz.

Regulador de intensidade

Kit regulador de intensidade e tonalidade

Utiliza o mando a distancia para atenuar e axustar a tonalidade da bombilla LED TRÅDFRI. O mando a distancia tamén se pode mercar por separado e emparellar con calquera das bombillas LED TRÅDFRI.

Axusta e xoga coa tonalidade da cor

Divírtete coa luz.

Ás veces un síntese un chisco azul... ou rosa... ou morado. Crear sorpresas un luns calquera é máis sinxelo do que imaxinabas. Co toque dun dedo, sente a maxia que che trae a nosa variedade de cores.

Cambia de cor

Crear sorpresas nun luns calquera é máis sinxelo do que imaxinas. Co toque dun dedo, sente a maxia que proporcionan nove cores diferentes.

Atenúa a axusta a tonalidade

A luz de lectura, a luz de película, a luz de “sentar cunha bebida”. Con só tocar un botón cambia unha luz branca a un ton máis cálido.