Saltar

Dámosvos a benvida ao IKEA Festival

Poida que o Festival IKEA terminase, pero aínda podemos celebrar todas as formas de vivir a nosa vida en casa: o estraño, o marabilloso, o real. Descobre o máis destacado e nosas mellores seleccións de produtos dalgúns dos nosos momentos favoritos do festival.

    No estudo con Ilse Crawford

    Coñece o estudo londiniense de Ilse Crawford, deseñadora, autora e directora creativa de Studioilse, e escoita o que opina sobre os fogares e deseños atemporais.

    Ver agora
    Ver agora

    Circularidade con Paul Svensson

    Visita o fogar e a cociña do cociñeiro sueco Paul Svensson para aprender máis sobre cociña diaria e a non xerar residuos: como preparar deliciosas comidas coas cousas que tes no frigorífico e nos caixóns. Ademais, tamén aprenderemos moitos consellos e truquiños da man dun dos mellores e coñeceremos os pratos máis antigos e raros que comeu ata o momento.

      Concertos na casa: Dot.

      Mira como Dot, que comezou a gañar seguidores grazas aos vídeos de YouTube que gravaba dende o seu dormitorio en Delhi, actúa dende a súa casa en Cardiff, Gales.

      Cociña como unha estrela do pop coreano con Sheila Zhang

      Acompaña a Sheila mentres prepara Rabokki, un prato coreano picante con fideos de ramen e tortas de arroz.

        Como dar prioridade ao xogo en todas as idades

        A través do xogo, conectamos, creamos, recuperamos folgos, escapamos e exploramos. Escoita esta Charla na cociña para aprender máis sobre a importancia que ten xogar, segundo os principais expertos.

        Ver agora
        Ver agora

        Goza da experiencia íntegra do IKEA Festival

        Queres máis? Inicia a experiencia completa para gozar de máis de 24 horas de vídeos exclusivos con MØ, Arlo Parks, DIMSIMLIM e moitos máis.