Saltar

Atrapados nos 90

O reality show da vida antes de IKEA

Seis concursantes dunha xeración que non coñece a vida sen IKEA están atrapados nunha casa dos 90. As mantas pican e pesan coma ovellas, os utensilios de cociña están ciscados por todas partes e no baño non teñen espazo para facer a súa rutina de beleza. Como se desenvolverán nun entorno tan descoñecido para eles?

Sigue aquí todos os episodios e descúbreo!

    Episodio 1 | Un reality nunca visto

    As portas aos 90 están a piques de abrir. Descubre os espazos da casa e coñece os nosos 6 concursantes. Cal é o teu favorito?

      Episodio 2 | A cociña do inferno

      Por fin entran na casa e semella que os 90 non son o seu. Despois de coñecerse, enfróntanse ao primeiro reto: facer pizzas nunha cociña da época.

        Episodio 3 | As mascotas da casa

        Os concursantes despídense dos seus móbiles e, a cambio, reciben unha sorpresa: unhas mascotas moi dos 90. Ademais, por vez primeira, fanse fotos que non poden ver ao instante.

          Episodio 4 | Que comece a competición

          Comezan as probas e a competición entre os participantes. Os primeiros gañadores empezan a recibir premios: as últimas novidades de IKEA.

            Episodio 5 | Arranca, nena!

            Os concursantes enfróntanse a unha proba de improvisación para deixar fluír todo o seu talento. Será esta a oportunidade de Animalize de sumar algúns puntos?

              Episodio 6 | Torpes ata para utilizar un ordenador

              Vai comezar unha nova proba. Para saber en que consiste, primeiro deberán conseguir reproducir un CD. Como se acende isto?

                Episodio 7 | Nos 90, pero con estilo

                A pesar das dificultades, os 90 adoitan ser unha festa. Os rapaces prepáranse para dalo todo na pista de baile e conseguir os últimos puntos do concurso.

                  Episodio 8 | As despedidas saben mellor cantando

                  Por fin chegou o momento de dicirlles adeus aos 90 para volver vivir coas novidades de hoxe en día.Terán ganas de marchar ou xa estarán acostumados á vida de antes?


                  Coñece os concursantes

                  THANIX

                  @thanix229

                  Ten sete cans, unha cabra, un papagaio…, pero nunca unha mascota virtual.

                  É gamer e está metida no mundo dos videoxogos desde que tiña 4 anos. É moi competitiva e morre coas ganas de afrontar todas as probas. E se veu desde Canarias para gañar?

                  ANIMALIZE

                  @animalize21

                  Poderá durmir cunhas mantas que pican?

                  Chámase Álvaro, pero nas redes sociais, onde acumula millóns de seguidores, é máis coñecido como Animalize21. Di que o baño dos 90 semella ao da súa avoa, pero vén con moitas ganas de afrontar esta experiencia.

                  GEMMA

                  @gemmaperez95

                  Nunca apagou o móbil.

                  Veu coa súa guitarra desde Barcelona para poñerlle banda sonora á vida cotiá dos 90. O seu xene de artista faralle empregar toda a súa creatividade para gañar puntos no reality. Conseguirá facerse co premio?

                  DAVID

                  @ideas_entre_fogones

                  Sabe cociñar, pero non acender a cociña.

                  David é o foodie do grupo, aínda que, a pesar da súa experiencia gastronómica, non ten moi claro como acender a cociña de gas. A casa tenlle unha pinta moi vintage e, definitivamente, non é o seu estilo.

                  MÍA

                  @lahuesito

                  Perderá o encanto nun baño que case non ten luz?

                  Toda ela é puro escándalo! É unha muller encantadora a mires por onde a mires, e vén a revolucionar a casa coa súa enerxía e as súas frases únicas. O gran problema: un baño sen sitio para deixar toda a súa maquillaxe. 

                  ÍÑIGO

                  @inigoarza

                  Viaxou moito, pero nunca ao pasado.

                  Este corremundos está sempre listo para emprender novas aventuras, así que a súa entrada na casa dos 90 non será a excepción. Que fará agora que non pode facerse un selfie?


                  A casa dos 90

                  Mantas que pican e pesan, utensilios de cociña ciscados por todas partes e un baño que non ten espazo nin para deixar un neceser. Esta casa dos 90 é todo un desafío para os participantes, que naceron fai 25 anos e non coñecen a vida sen IKEA. Como farán para vivir entre estas paredes?

                  25 anos de novidades que nos cambiaron a vida

                  IKEA cumpre 25 anos en España, 25 anos de novidades que inspiraron e cambiaron a vida de toda unha xeración.

                  Coñece todas as novidades