Product Recycling Fund
The price of this item includes a contribution to a Product recycling fund to ensure that waste electrical and electronic equipment is collected and recycled in a responsible manner.

IKEA A Coruña

Conéctate en IKEA A Coruña
Para conectarte por primeira vez:

1-Selecciona a rede "IKEA Wi-Fi" no teu dispositivo móbil.
2- Rexístrate introducindo os teus datos e o teu número de teléfono móbil.
3-Acepta os termos e condicións, e recibirás un SMS co teu código de navegación.

Nas túas próximas visitas:

1-O teu dispositivo móbil detectará automáticamente a rede “IKEA Wi-Fi”.
2-Só tes que volver introducir o usuario e o contrasinal.

TRANSPORTE
Agora contrata o transporte desde 19€*

Ver taxas de transporte
MONTAXE
Se non queres montar ti mesmo os mobles, ofrececémosche un servizo de montaxe. Ver taxas de montaxe
INSTALACIÓN DE COCIÑAS
Podes aforrar moito tempo e goza da túa nova cociña, contratando un servizo de instalación Ver taxas
MONTAXE DE CHANS
Necesitas axuda? Poñemos á túa disposición un servizo profesional de montaxe de chans Ver máis
Servizo de recollida de mobles
Aforra tempo á hora de facer a túa compra. Nós recolleremos os mobles que queres comprar, por un pequeno custo engadido.

O noso servizo de recollida poderás solicitalo cando queiras comprar mobles e desexes contratar o noso servizo de transporte (non se inclúe a recollida de artigos de complementos)

1º.- Ven a nosa tenda IKEA A Coruña e escolle os mobles que queres.
2º.- Sempre que teñas escollido algún artigo, fala cun colaborador da sección, que te entregará unha lista de compra cos mobles que queres levar.
3º.- Achégate ás caixas onde poderás aboar o importe dos mobles da túa lista de compra, do servizo de recollida e do servizo de transporte.
4º.- Importante, non esquezas pasar polo mostrador de transporte onde che confirmaremos a data de entrega.

CUSTO DO SERVIZO DE RECOLLIDA: 24€



Novo servizo
Aluguer de furgonetas
Necesitas axuda para levar as túas compras?

Por un pequeno custo adicional podes alugar unha furgoneta dunha empresa colaboradora externa e facelo ti mesmo.

Contrata o aluguer por 14€/hora ata 60 km co combustible incluido.

Fai a túa reserva no mostrador de Hertz On Demand xunto a Atención ao Cliente) ou chamando ao 91 509 75 60

Necesitas factura de compra?
Cubre o formulario e envíanolo por correo ordinario co orixinal do ticket de compra, para recibir a factura. Ver formulario
Precisas algún parafuso?
parafuso Se necesitas algún parafuso, pasa por Atención ao cliente ou contacta connosco para solicitalo. Ver formulario
Instruccións de montaxe
montaxe Dende aquí poderás acceder a tódalas instruccións de montaxe dos nosos produtos. Ver instruccións
Política de devolucións
Podes devoltar o artigo presentando o ticket nun prazo de 120 días e 180 para socios IKEA FAMILY. Máis información
O bosque encantado
Smaland
Os nenos teñen un lugar propio en IKEA A Coruña.

Os teus fillos de entre 95 e 124 cm están convidados a xogar na nosa zona infantil de Smaland e gozar na piscina de bolas.

Terás unha hora para poder facer as comprar tranquilamente mentras os teus fillos xogan.

Horario de Smaland:
- De 10:00 a 21:30 h en horario ininterrumpido
 
Actividades
para nenos
actividades Na nosa zona de xogos temos preparadas moitas actividades para os máis pequenos.  
Sala de lactación
e cambiadores
sala de lactancia Temos unha zona especial para que poidas alimentar ao teu bebé, xunto ao Restaurante.  
Carriños
para nenos
carriños nenos Vén cos máis pequenos a IKEA A Coruña, temos carriños especiais para os máis pequenos.  
Menú infantil
no Restaurante
menu infantil Sabemos o que lle gusta os teus nenos. Menú infantil por só 1€ no Restaurante.  
Para o teu negocio
IKEA Business
Temos un servizo en IKEA A Coruña orientado a empresas e autónomos. Tanto se queres abrir un negocio ou amplialo, dende IKEA A Coruña ofrecémosche inspiración, solucións e ideas acordes co teu presuposto.

Terás atención personalizada cun especialista en decoración e mobles, ou solicitar o servizo sen ter que pasar pola tenda.

Escoller a forma de pagamento e se precisas contratar transporte e montaxe.

Horario de atención ao cliente: 10:00 a 15:00 hrs.